O auditorio acolle este sábado a obra de teatro “12 uvas, dúas mulleres e unha oliva”, da compañía Olivas Negras A peza relata unha historia de superación e empoderamento feminino, coa dirección de Marián Bañobre

O vindeiro sábado, 26 de marzo, chega ao Auditorio de Goián, a obra teatral “12 uvas, dúas mulleres e unha oliva”, da compañía Olivas Negras; unha historia de autosuperación e empoderamento feminino e un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica – subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.
Sinopse: chegan as próximas badaladas de fin de ano. Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres, nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes.
Data: Sábado 26 de marzo.

Horario: 21h.
Idade: Público adulto.
Lugar: Auditorio de Goián.
Prezo: De balde.
Elenco: Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez.
Dirección: Marián Bañobre.