O Auditorio de Goián acolle este sábado un recital de trompeta a cargo de Desirée Gómez Bouzada As entradas, de balde, poden reservarse chamando ao Departamento de Cultura do Concello de Tomiño (986 62 20 01/03) ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal

O Auditorio de Goián vístese de festa o vindeiro sábado, 26 de xuño, para acoller o recital de trompeta de Desirée Gómez Bouzada, unha das músicas máis destacadas da Agrupación Musical de Goián.

Acompañada por Alejo Amoedo (piano), Rubén Fernández (tuba); Damián Riobó (trombón baixo); Ainara González (trompa) e José Miguel Pérez (trompeta), Desirée actuará ás 21.00 horas, ofrecendo un concerto composto de dúas partes, nas que interpretará pezas de J. Haydn, Andrés Álvarez, J.G. Pennequin e Victor Ewald.

As entradas, de balde, poden reservarse chamando ao Departamento de Cultura do Concello de Tomiño (986 62 20 01/03) ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal

Datos biográficos e traxectoria profesional

Desirée Gómez Bouzada nada no ano 1997 en Tomiño, inicia os seus estudos musicais na especialidade de trompeta ós oito anos na Agrupación Musical de Goián da man de Juan Carlos Díaz e Andrés Álvarez. Con catorce anos comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Tui e continúa no Conservatorio Profesional de Vigo tendo como mestre a Luís González Amosa. Ademais dos estudos no conservatorio, tamén participou en cursos na especialidade de trompeta con músicos da talla de Roberto Bodí, Javi Simó, Frank Pullicini, José Forte, John Aigi, Luis González, Yael Fiuza, Alfonso González, Iván Crespo e Manu Mellaerts, entre outros.

Actualmente finaliza o Grao Superior de Música na especialidade de trompeta, cos mestres Adolfo Caride e Javier Viceiro, no Conservatorio Superior de Vigo. Forma parte do Curso de Especialización Instrumental (CEI) en Santiago co mestre Javi Simó, sendo este o segundo o ano. Formou parte da Xove Orquestra 430 e actualmente da Nationaal Jeugd Orkest (NJO) de Holanda. Participou en diferentes encontros ca Orquestra Vigo 430 de Vigo e ca Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música. Forma parte da Agrupación Musical de Goián e imparte clases de trompeta na escola de música, á vez que remata a carreira de Pedagoxía na UNED. Tamén desempéñase como voluntaria da Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX) de Tomiño.

PROGRAMA DE CONCERTO 

1ª Parte

  1. Haydn- Concerto para trompeta en Mib Mayor (15 min.)

  • Allegro
  • Andante

  1. Finale Allegro

Andrés Álvarez – Moods, para trompeta e piano (12 min.)

    1. SHAME-ANGER 
    2. SADNESS-LOVE

  • FEAR-HAPPINES

2ª Parte

J.G. Pennequin – Morceau de Concert (7:30)

Victor Ewald- Quinteto para vento metal No.1 (12 min)