O Campo de fútbol do Alivio conta a partir de hoxe cun aparato desfibrilador Directivos de clubs locais realizaron a formación para coñecer o funcionamento do dispositivo, adquirido con fondos da Deputación Provincial

O Campo de Fútbol do Alivio conta dende hoxe cun aparato desfibrilador para previr e tratar ataques cardíacos que puideran producirse.

O concelleiro de Deportes, Fran Campo, recibiu hoxe o dispositivo electrónico, que vén a sumarse aos que xa teñen os campos da Carballa e Regatiño (Goián), existindo unha cuarta unidade en poder da Agrupación de Protección Civil.

O novo equipo , coma os anteriores, foi adquirido grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra para este fin (60% do custe), achegando o resto o propio Concello e servirá para cubrir a actividade dos equipos que adestran nos campos deportivos.

O concelleiro de Deportes salientou tras a entrega deste último desfibrilador, que varios membros dos clubs, realizaron os cursos necesarios para saber manexar os aparatos en caso de necesidade. “Deste xeito, incrementamos a seguridade dos nosos xogadores, no fútbol base e tamén noutras categorías”, comentou Fran Campo.