O Campo do Alivio acolle este sábado o II Serán Treboada Baixo Miño

A partir das 10 da mañá, haberá mallada de trigo, feira de artesanía , música, comida a prezos populares, xogos e teatro

O vindeiro sábado, 7 de xuño de 2014, terá lugar no Campo do Alivio o II Serán Treboada Baixo Miño, organizado pola asociación Treboada Baixo Miño coa colaboración do Concello, Adeto e Bombos Félix.

A partir das dez da mañá terá lugar a I Festa da Mallada de Trigo, na que se reproducirá esta antiga tradición. Haberá tamén feira de artesanía, música, tapas e bebidas a prezos populares, inchables para os pequenos e pequenas e unha obra de teatro pola tarde.

Para máis información, contactar con Félix no teléfono 636 384 171.