O Centro Vontade celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun programa de activides no que os usuarios e usuarias son os protagonistas.

A Asociación Vontade celebrou este día Internacional das persoas con discapacidade con actividades no seu centro da Rocha-Tomiño.
A programación da xornada centróuse nas actividades que os usuarios e usuarias fixeron ao longo do ano. Ademais, desenvolveron as dotes adquiridas nos obradoiros de risoterapia representando unha clase de zumba. O público, máis dun centenar de persoas, presenciaron a proxección da curtometraxe gravada polos usuarios desenvolvido nas aulas de novas tecnoloxías.
Para finalizar o acto, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Servizos Sociais de Tui, Laureano Alonso, e as Deputadas das áreas de benestar e emprego, Digna Rivas e Montse Magallanes, fixeron entrega dos diplomas de informática e zumba pechando unha xornada emotiva na que os usuarios e usuarias do centro Vontade voltaron demostrar o esforzo de superación.
O centro que a Asociación Vontade ten en Tomiño foi inaugurado en novembro do 2012 e contou coa financiación de fondos da Fundación Once, do 0,7 do IRPF e de Fondos Leader. Ademais, o terreo no que se levanta o inmoble foi cedido pola Comunidade de Montes de Tomiño e xestionado polo Concello de Tomiño.
O centro Vontade atende unha media de 35 usuarios diarios. Non só os socios poden disfrutar das modernas instalacións senón que ao ser financiado no seu 70% por fondos públicos, está aberto a todos os públicos. Así ademais, de dar servizo aos seus usuarios de xeito individualizado, o centro acolle o programa municipal “envellecemento activo” e nas vacacións estivais leva a cabo campamentos de verán para persoas con discapacidade que organiza o Concello.
O espazo conta con 800 metros cadrados de construcción e unha zona adicada a horta e xardín.
A Asociación Vontade foi fundada o 8 de novembro de 2003 e actualmente no seu centro traballa un equipo interdisciplinar formado por 5 técnicos, 1 monitora ocupacional, 1 monitora de novas tecnoloxías, 1 coidador e 1 coidador conductor. Ademáis, para as labores administrativas contan cunha auxiliar e co presidente do colectivo que ademias coordina o funcionamento do centro.
Os usuarios e usuarias do centro non só proceden da comarda do Baixo Miño, senón que Vontade dá servizo aos concellos limítromes da bisbarra. Os usuarios e usuarias ademais contan cun servizo de transporte e de comedor, o que facilita en boa medida as necesidades das familias.
O método de traballo do equipo directivo pasa por individualizar e axustarse ás necesidades de cada individuo. Para iso, os técnicos traballan en equipo e marcan obxectivos específicos aos cales adecuan a súa formación, a súa rehabilitación e habilitación e os seus tempos de ocio e tempo libre. Un proceso completo que é valorado ao finalizar o ano.
O traballo da Asociación Vontade tamén pasa por visibilizar o seu traballo e os logros dos usuarios e usuarias que asisten regularmente a este centro. Por este motivo, o presidente da Asociación, Miguel Pazo, destacaba esta mañán que “o día das persoas con discapacidade pasar por ser os 365 días do ano”.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou o emotivo do acto e recordou “que Tomiño conta cunha área adicada ao benestar e a procura de calidade de vida a que acuden veciños e veciñas da comarca. Ao centro Vontade súmase o Centro de Día que tamén dá servizo a máis de 50 usuarios e usuarias”.