O Cineclub Poleiro comeza o novo ano con “Eu, el e Rachel”, un filme de Alfonso Gómez Rejón

O Cineclub Poleiro proxecta o xoves 12 de xaneiro, “Eu, el e Rachel”; unha combinación entre comedia e drama dirixida por Alfonso Gómez Rejón

A proxección será o vindeiro xoves, 12 de xaneiro, no Auditorio de Goián, ás 21.30 horas. Trátase dunha película de cine independente nortemericano, que combina comedia e drama, nunha historia de adolescencia, amizade e doenza.

Sinopse: Greg pasou o derradeiro ano de instituto do xeito o máis anónimo posible, evitando todo tipo de relacións, mentres en segredo, realiza extrañas películas co seu único amigo. Esta situación mudará cando a súa nai lle obrigue a facerse amigo dunha compañeira de clase con leucemia.

 

Premios: Mellor película e Premio do Público 2015.

 

Críticas:

O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubs de Galicia.

 

Máis  información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337