O Cineclub Poleiro proxecta este xoves, a película española “Tarde para la ira”, gañadora de catro Premios Goya

 O xoves, 9 de marzo, o cineclub Poleiro proxecta no Auditorio de Goián, ás 21:30 horasTarde para la ira,  dirixida por Raúl Arévalo.

 

Sinopse: Madrid, agosto de 2007. Curro entra no cárcere logo de participar nun atraco a unha xoiería. Era o conductor e o único detido no roubo. Oito anos despois sae de prisión con ganas de emprender unha nova vida xunto á sua noiva e ao seu fillo, pero atopará no camino un descoñecdido e unha situación inesperada.

 

Premios: 4 premios Goya, incluíndo Mellor Película e director novel. 11 nominacións.

Festival de Venecia. Mellor Actriz (Ruth Díaz)

5 premios Feroz, incluindo mellor drama, director e guión

Críticas:

”Arévalo aprendeu , e ben, dos mellores directores cos que traballou… Excelente película sobre a xestación lenta e paciente da ira” Quim Casas: Diario El periódico

 

“Tarde para la ira é puro Peckinpah, é puro Saura. E, sobre todo, é puro cine.” Andrea B. Bermejo. Cinemanía

 

O xoves, 6 de abril, Cementery of Splendour, un drama de tintes fantásticos e surrealistas dirixido polo tailandés Weerasethakul sobre unha extraña enfermidade que provoca alucinacións nos soldados.

Sinopsis

O xoves , 4 de maio pecha o ciclo a francesa Mustang, dirixida por Deniz Gamze. Un drama contra a sinrazón da relixión, ambientada en Turquía.

 

 

O bono para as catro películas custa 10 euros

 

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

 

 

Máis  información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337