O Club Atletismo TREGA de Tomiño brilla no Campionato Provincial de Campo a Través “XOGADE”, conseguindo 4 medallas individuais e 2 medallas de ouro por equipos na categoría SUB16 A 2ª fase será o día 20 deste mes en Lugo, no Campionato de Galicia, e de aí sairán os próximos clasificados para o campionato de España

Este domingo 13 de febreiro, de mañá, despois de dous anos sen competicións de Xogade campo a través, o circuíto da Azucreira (Caldas de Reis), acolleu o clasificatorio da fase do Provincial de Cros, da Provincia de Pontevedra onde este 2022, disputouse directamente sen os seus previos zonais comarcais, debido ao Covid, o cal, deulle un billete directo aos 10 primeiros individuais e os 2 mellores equipos, pasando á 2 segunda fase, que será o día 20 no norte de Lugo en Lourenzá, o Campionato de Galicia en idade escolar e de aí sairán os próximos clasificados para o campionato de España escolar que se celebrará en Xetafe (Madrid), só en categoría cadete, representando á selección Galega de Cros.

Así os nosos mozos e mozas empezaron con moi ben pé nesta competición, na categoría Sub16 feminina e masculina proclamándose CAMPIÓNS PROVINCIAIS POR EQUIPOS e sumando, a maiores, 2 pratas e 2 bronces tamén por individuais.

Resumo de participantes e resultados:

Equipo feminino SUB16 -CAMPIONAS PROVINCIAL  XOGADE:

  • CARMEN MAGALLANES PÉREZ /2ª Individual
  • HELIA ALONSO ROMERO / 3ª Individual
  • ELISA MORGADO RODRÍGUEZ / 7ª Individual
  • MARA ROMEU VICENTE / 8ª individual

Sumaron todas, un total de 11 puntos.

Equipo masculino SUB16 CAMPIÓNS PROVINCIAIS XOGADE:

  • ÁLEX SIERPES PEREIRA / 2º Individual
  • CHRISTIAN SIERPES PEREIRA / 3º Individual
  • HECTOR PORTELA MÉNDEZ / 13º Individual
  • NICOLÁS FERREIRA GONZÁLEZ /36º Individual

Sumaron todos un total de 17 puntos.