O CLUB ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO VIAXA A BURGOS PARA PARTICIPAR NO XV CROSS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA dende a Concellería de Deportes do Concello fan chagar a tod@s @s atletas e adestradores os máis sinceros parabéns, desexándolles moita sorte na competición e unha grande experiencia na participación

Atletas do Club Atletismo Trega de Tomiño, acompañados dos seus familiares e adestradores de base, viaxarán en autobús a Burgos para competir en case todas as categorías, desde benxamín até senior.

A proba é considerada como a mellor de España pola Real Federación Española de Atletismo, e pola IAAF unha dos mellores do mundo.
Desde a directiva do club dan moito ánimo aos atletas, desexándolles “moita sorte e que teñan unha boa viaxe e unha gran experiencia deportiva”.
Ademais, agradecen ao Concello de Tomiño “por axudar a que o club poida facer presenza no mellor Cross do mundo, xa que é a primeira vez, nos seus 38 anos de existencia, que o club se despraza con tanta representación a unha proba deste calibre”.

Tamén dende a Concellería de Deportes do Concello fan chagar a tod@s @s atletas e adestradores os máis sinceros parabéns, desexándolles moita sorte na competición e unha grande experiencia na participación.