O Club de Coches Clásicos Baixo Miño organiza esta fin de semana unha saída cultural con destino a Aveiro

O Club de Coches Clásicos Baixo Miño organiza esta fin de semana unha saída cultural con destino a Aveiro, previo paso por localidades lusas coma Braga, Caramuli, Coímbra, Meallada, Caramulo e Oporto.

A saída, duns 30 coches clasicos procedentes da comarca e provincia, será o sábado pola mañá, cun percorrido total duns 1000 quilómetros. Esta saída cultural, na que participarán unhas 60 persoas, é a 8ª que organiza o club dende a súa formación.

Esta mañá tivo lugar na Praza do Seixo a presentación da proba. Estiveron os concelleiros de Deportes e Cultura en representación do Concello (que colabora na actividade) e membros do club.