O CONCELLEIRO DE BENESTAR SOCIAL VISITA A UNHA VECIÑA DE SOBRADA QUE CUMPRÍU 100 ANOS

Carmen Romero Castiñeira, que celebrou onte o seu 100 aniversario, está lúcida e en perfecto estado de saúde.

O concelleiro de Benestar Social do Concello de Tomiño, Suso Montero, visitou onte a Carmen Romeu Castiñeira, veciña do barrio de Portela (parroquia de Sobrada) no seu 100 aniversario. A centenaria, que se atopa lúcida e en perfecto estado de saúde (só toma unha pastilla para a tensión), recibiu ao concelleiro e agradeceu os agasallos que este lle fixo.

Carmen vive en casa de Lucía Fernández, filla de María Calzado (falecida hai 3 anos) quen a convidou a vivir con ela hai máis de 30 anos.
Non son familiares, pero coma se o foran. Así o sente Lucía, o seu marido Rodrigo, e as súas fillas pequenas Lucía e Lara.

A centenaria, que recibiu onte o agarimo dá súa familia de acollida para celebrar o seu 100 aniversario, chanceaba co concelleiro de Benestar, pedíndolle que para o próximo ano lle regalase unha maleta e un bastón para saír pasear.

concello Tomiño-10

concello Tomiño-12