O Concello de Tomiño afondiza na traxectoria do pintor Antonio Fernández cunha exposición temporal de bosquexos de retratos.

O Concello de Tomiño inaugurou esta mañán unha exposición de bosquexos de retratos de Antonio Fernández na sala anexa a Aula Museo Antonio Fernández en Goián. A inauguración da exposición coincidiu co Certame de Pintura ao Aire Libre en homenaxe ao pintor.
A exposición inaugurada esta mañán alberga unha veintena de bosquexos de retratos feitos por Antonio Fernández na súa etapa goianesa. Os bosquexos feitos a lapiz retratan a diferentes personaxes de Goián daquela época pero tamén de goianeses na emigración.
Esta exposición temporal, ademáis, aporta un valioso material como son fotografías dalgúns dos retratados que posaron para Antonio Fernández.
Os bosquexos pertencen aos veciños de Goián Manuel Villa Troncoso (Mané) e Leandro Alonso que desinteresadamente os prestaron para a exposición. Os bosquexos de Mané tras a exposición temporal pasarán a ser albergadas na Aula Museo.

O poeta Francisco Álvarez “Koki” escribiu en especial para a ocasión unhas palabras nas que fala da unánime admiración polo pintor e que se recolle no diptico da exposición.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou no acto de inauguración, “o traballo conxunto dos veciños e veciñas de Goián e en especial dos membros da Comisión Antonio Fernández que teñen traballado arreo para manter vivo a laboura de Antonio Fernández”. A Alcaldesa, ademáis, quixo ter unhas especiais palabras para “Mané que sempre leva a Antonio Fernández en cada cousa que fai e que día a día segue a demostrar a súa admiración hacia o pintor coa súa xenerosidade. E a Lea e a Koki porque non dubidaron en enaltecer esta exposición coa seu traballo”.

A exposición estará aberta ao público dende o 16 até o 30 de agosto en horario de 12 a 13 e de 19 a 20 os luns, martes, mércores, xoves e domingo; os venres de 10 a 14 e de 17 a 21; e os sábados de 10 a 14h.