O Concello de Tomiño aproba novas axudas de emerxencia por alimentos A Agrupación de Protección Civil continúa colaborando no reparto de alimentos de SOS Tomiño e na entrega de compras varias, en colaboración coa Concellería de Benestar Social

O goberno local de Tomiño, aprobou a semana pasada tres novas axudas de emerxencia por alimentos para 3 familias (9 usuari@s, 360 euros) e tamén prórroga para outras 4 familias (21 usuari@s 700 euros).

Por outra banda, voluntari@s da Agrupación de Protección Civil de Tomiño, continúan a axudar no reparto de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño e na entrega de compras varias, en colaboración coa Concellería de Benestar Social, que dirixe Cristina Martínez; tarefas polas que a concelleira manifesta o seu agradecemento.

Ademais fan reparto dos cadernos de actividades de estimulación cognitiva elaborados pola Asociación de Párkinson Baixo Miño (22 domicilios).

Dende que comezou o Estado de Alarma, o departamento de Benestar aprobou axudas de emerxencia por alimentos para un total de 25 familias, 90 usuarios e usuarias, por un importe de 3780 euros.