14 Xuñ O Concello de Tomiño celebra o xoves sesión ordinaria de pleno A sesión celebrarase no Salón de Plenos, a partir das 21.00 horas
O Concello de Tomiño celebra mañá, xoves 15 de xuño, ás nove da noite, sesión ordinaria de pleno.
A Orde do Día ten seis puntos:
- Aprobación actas anteriores.
- Aprobación provisional Modificación Nº 8 do PXOM relativa á configuración de espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goián.
- Execución sentenza inventario.
- Aceptación ampliación prazo cesión terreos Carballa.
- Dar conta resolucións Alcaldía.
- Rogos e preguntas.
A sesión levarase a cabo no Salón de Plenos, recentemente reformado co fin de facelo accesible e máis funcional.