O Concello de Tomiño concede máis de 300 axudas para a compra de material escolar.

O Concello de Tomiño ven conceder máis de 300 axudas ao material escolar. Este é o segundo ano que o Concello de Tomiño sacar unha liña de axudas para material escolar co fin de paliar os problemas económicos que moitas familias padecían ao inicio do curso escolar.
As familias que podían acollerse a esta subvención tiñan que estar empradonadas no municipio e que o alumnado para o que se solicitara a axuda estivera matriculado nun centro público de Tomiño nos seguintes niveis (agás os que cursan bacharelato artístico que non se oferta no instituto de Tomiño):
-educación infantil (2ª Etapa): 3 a 5 anos
-educación primaria: 6 a 12 anos
-educación secundaria: 12 a 16 anos
-bacharelato: de 16 a 18 anos.
Os solicitantes e beneficiarios ademáis, tiñan que ter unha renta per cápita de até 6.000€ anuais en base a renta 2014.
Orzamentariamente, adícase unha partida de 12.000 euros en base a que se concederon as axudas polas seguintes contías:
-para educación infantil: 50€
-para eduación primaria: 30€
-para educación secundaria: 30€
-para bacharelato: 50€
A axuda municipal é compatible con axudas doutras administracións.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca a importancia destes tipo de axudas xa que “moitas familias están pasando por duros momentos que no comezo do curso sempre se incrementa polos numerosos gastos escolares.” Segundo González “Ademáis das axudas ao material escolar, ofertamos actividades extraescolares de balde e invertimos ano tras ano nas melloras dos centros educativos. Dende o equipo de goberno temos claro que os nenos e nenas de hoxe son o futuro do noso concello e polo tanto o investimento en educación é un ben asegurado.”