O Concello de Tomiño concede unha liña de axudas a entidades de carácter social.

O Concello de Tomiño concede unha liña de axudas a entidades de carácter social que beneficia a máis de 1.000 usuarios e usuarias das entidades beneficiadas.
As bases para a concesión das axudas priorizaban o interese social e o programa de actividades desenvolvidas polos colectivos presentados así como o número de beneficiarios directos e indirectos. Seguindo estos criterios, a comisión técnica resolveu conceder axudas as seguintes entidades: Banco de Tapóns, Asociación de Discapacitados do Baixo Miño Vontade, Asociación Asistencial SOS Tomiño, Asociación Érguete Baixo Miño, Asociación Española contra o cancro, Asociación Érguete Baixo Miño, Solidariedade Galega co Pobo Saharawi, Asociación Galega de Hemofilia e Fundación Las Samaritanas.
Ademáis, desta liña de subvención a entidades de carácter social, o Concello de Tomiño dende a área de servizos sociais apoia con axudas para alimentos ás familias máis necesitadas con menores a cargo.
Para os máis maiores, o Concello de Tomiño ofertou un programa de balnearios diurnos do que máis de 40 veciños e veciñas de Tomiño maiores de 50 anos se beneficiaron. Esta actividade promove alternativas saudables para os máis maiores e das que moitos non se poderían beneficiar de non ser por estos programas específicos.
A Concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, destacou a importancia de “levar a cabo liñas de axudas a outras entidades que complementan o traballo levado a cabo dende o departamento de servizos sociais e que en moitos casos atenden de maneira específica a problemáticas complexas.” Segundo Martínez, “dende o Concello de Tomiño levamos a cabo unha liña de inclusión social dirixida ao conxunto da poboación e na que os maiores e os máis pequenos priorizan os programas”.