
17 Dec 2019 O Concello de Tomiño e o Club de Atletismo Tegra organizan a II Carreira de Nadal. A carreira transcurrirá pola nova avenida de Tomiño quedando aberta ao público ao finalizar a proba deportiva.
O Concello de Tomiño e o Club de Atletismo Tegra organizan a segunda edición da Carreira de Nadal. A proba transcurrirá pola nova avenida do Seixo que unha vez rematada a proba quedará aberta ao público.
A xornada deportiva comezará ás 11h00 coa categoría de absoluto masculino e feminino cun traxecto de 6km. ÁS 11h35 será o turno dos alevíns, infantís e cadetes cun percorrido de 1,500 km. Seguiranlle os benxamíns ás 11h40 e ás 11h50 os prebenxamíns para rematar ás 12h00 coas pulgas que farán 100m.
Ao finalizar a carrera os participantes están convidados a chocolate quente a cargo da ANPA Mosteiro. Para participar é preciso inscribirse a través da rede na páxina laptime.es/carreras/ii-carreira-de-nadal-de-tomino/ . O prazo de inscrición remata o sábado 21 de decembro.
A presentación da carreira celebrouse onte á tarde na Casa do Concello e estivo a cargo dos membros do equipo directivo do Club atletismo Tegra, Protección Civil de Tomiño, e os concelleiros Francisco Campo Lago, responsable de Deportes, e Ismael Troncoso, Concelleiro de Seguridade, tráfico e persoal.