O Concello edita un libro sobre as guerras de Restauración na raia

O volume, de Xoán R. Carnero Fernández, “Perico”, é o resultado de moitos anos de investigación bibliográfica

A presentación do estudo terá lugar o xoves, 25 de agosto, no Centro Social de Estás, dentro da Semana Cultural da Peregrina

20160825_144825

O Concello de Tomiño vén de editar o libro “Conflitos bélicos na Raia do Baixo Miño. 1640-1668”, de Xoán R. Carnero Fernández “Perico”, que será presentado oficialmente este xoves, 25 de agosto, ás 21.00 hs. no Centro Social de Estás, dentro do programa da Semana da Peregrina.

O estudo é froito do interese do autor, investigador afeccionado, por ese período da historia e especialmente, polo sistema de fortificacións que se estende ao longo da ribeira miñota. 20160825_144209

O texto, que relata o transcurso do enfrontamento armado entre España e Portugal na comarca, é un traballo cimentado na pesquisa en diferentes arquivos europeos e na que o autor investiu de xeito vocacional, moitos anos da súa vida.

Trátase dunha investigación exhaustiva e reveladora, con mapas e croques explicativos, na que se aborda con moita rigorosidade a guerra da Restauración na zona baixomiñota, ao longo de case 300 páxinas.