12 Nov O Concello de Tomiño imparte un curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial. A actividade formativa, de 30 horas de duración, desenvolverase de luns a xoves de 16.00 a 19.00 horas, até o vindeiro 21 de novembro na Escola Obradoiro de Goián
O Concello de Tomiño vén de por en marcha un curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial.
O curso ten unha duración total de 30 horas, de luns a xoves de 16h a 19h, entre os días 11 e 21 de novembro, nas aulas da Escola Obradoiro de Goián.
Cremos que é unha opción interesante, posto que a informática avanzada, e neste caso a intelixencia artificial, está a modificar os postos de traballo e outros aspectos do noso día a a día, polo que estar ao tanto das posibilidades que nos aporta e saber utilizalas será moi útil, comentan os organizadores.
Se estades interesados/as, debedes cubrir este formulario: https://forms.gle/kA6oKb4zXq4nB3eWA