O Concello de Tomiño inicia as obras de humanización do torreiro de Currás.

O Concello de Tomiño inicia as obras de humanización do torreiro de Currás. Este é un proxecto que os veciños e veciñas da parroquia solicitaron ao Concello de Tomiño na campaña municipal “o Concello Escoita”.
As obras contan coa financiación da Deputación de Pontevedra e abarcan varias intervencións no espazo colindante a igrexa parroquial. Por un lado, mellorarase o entorno do palco de festas e humanizarase o torreiro conservando e respectando as árbores existentes.
O recinto combinará zonas axardinadas cunha área pavimentada con formigón pulido en gris coincindo co espazo no que se celebran festas. Ademáis, engadiranse bancos de pedra para o esparcimento.
Por outro lado, a actual parada de autobús desprazarase e instalarase unha nova marquesina.
As obras calcúlanse que estarán rematadas para as festas de San Martiño a mediados do mes de novembro coincindo cos festexos da parroquia.
O Concelleiro de Obras, Francisco Campo Lago, destacou “ a implicación dos veciños e veciñas que traballan desinteresadamente polo benestar da parroquia e que dende os principio tiñan claro que querían cambiar o uso dese espazo”. O Concelleiro engadiu que “o entorno da igrexa é un espazo de referencia para os veciños e veciñas e con estas obras imos gañar un novo lugar para o esparcemento das persoas”.