O Concello lembra á cidadanía a prohibición de fixar carteis no mobiliario urbano A Lei de Tráfico e a Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria sancionan con ata 3000€ este tipo de actos

Tras dous anos de pandemia, as festas de verán volven celebrarse por todo o alto. Debido a este feito, o Concello de Tomiño quere lembrar á cidadanía a prohibición de fixar carteis no mobiliario urbano, ordenanza recollida na Lei de Tráfico e na Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria, que poden sancionar estes feitos con ata 3000€ de multa.

No que respecta á Lei de Tráfico, o art. 58 recolle a prohibición de “modificar el contenido de las señales o colocar sobre ellas o en sus inmediaciones placas, carteles, marcas u otros objetos que puedan inducir a confusión, reducir su visibilidad o su eficacia, deslumbrar a los usuarios de la vía o distraer su atención”.

Pola súa banda, a Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria establece no seu art. 84 a imposibilidade de “colocar o pegar cualquier tipo de carteles, pancartas o adhesivos en papeleras, contenedores de residuos, sujeciones de estos, señales, farolas, marquesinas, o cualquier otro elemento de mobiliario urbano”. A colocación de carteis ou pancartas só será permitida nos lugares autorizados para iso e, en caso de incumprir a normativa, a empresa anunciante será a responsable e a que cargará cos custos de limpeza e reparación, sen perxuízo das sancións que correspondan.