O Concello de Tomiño leva a cabo obras de mantemento das instalacións deportivas.

O Concello de Tomiño está a levar a cabo obras de mantemento das instalacións deportivas municipais. Nas últimas semanas tense arranxado o piso do entorno da pista deportiva do pabillón de Goián así como o pintado da mesma. O Campo de fútbol de Goián tamén se ten beneficiado destas obras de mantemento como foi o arranxo da pasarela do entorno do terreo de xogo. No campo de fútbol da Carballa arranxáronse os vestiarios e as duchas.

As instalacións do Clube de piragüismo Miño-Os Teixugos tamén foron arranxadas solucionandose os problemas de humidade que viña arrastrando coas reparacións oportunas no tellado. Tamén os vestiarios e as duchas se teñen visto melloradas e foi pintado o interior e o exterior do inmoble.

A Concelleira de Deportes, Cristina Martínez, sinala que “obras de mantemento veñense facendo de xeito regular ano tras ano co fin de que os clubes e deportistas que fan usos das instalacións municipais poidan exercer as súas actividades en óptimas condicións”.

As vindeiras obras de mantemento serán nos centros educativos de mantemento municipal que se iniciarán ao remate das clases lectivas.DSC_0199