O Concello de Tomiño leva a cabo traballos de restauración nos telóns pintados por Antonio Fernández da Aula- museo.

O Concello de Tomiño ven de restaurar os tres telóns de Antonio Fernández expostos na Aula-museo Antonio Fernández. O procemento de restauración viu dado pola mala calidade do soporte dos telóns, papel estraza, e pola acción dos axentes medio-ambientais.
As obras de restauración viñeron a paliar o deterioro que estas obras estaban a sufrir pola acción dos raios ultravioletas, a calor ou a acción de oxidación natural polo oxíxeno e polo dióxeno de carbono. Factores todos eles que son parte da natureza pero que a súa acción sobre soportes perecedeiros e de curto uso como o papel de estraza axilizaron o proceso de deterioro.

A restauración supuxo a aplicación dun adhesivo acuoso sobre todo o soporte de papel para crear sobre el unha película que o protexerá da decoloración de ton azul.

Ademáis, procedeuse a colocar unha lámina de control e protección en todos os cristais das catro ventás das salas. Este investimento eliminará a entrada do 99% de raios ultravioletas e restará o 50% da calor .

A Alcaldesa, Sandra González, destacou a “importancia do mantemento e mellora das infraestructuras municipais existentes e mais nas instalacións con valor artístico e histórico como é a Aula-museo Antonio Fernández”. Segundo González “o pintor Antonio Fernández deixounos un legado de relevancia mais tamén é certo que algunhas das pezas que conservamos precisan dun mantemento máis intensivo xa que foron feitas cun fin temporal e por elo en soportes industriais de pouca calidade”.