O Concello de Tomiño licita os postos do 1º andar do mercado municipal.

mercado 1º andarO Concello de Tomiño ven de licitar seis postos do 1º andar do mercado municipal. Os postos que saen a concurso estarán adicados a diversas actividades. Por un lado, hai un posto que se adicará a venda de cafés, tés e bebidas de consumo no mercado; outro espazo, a venta de productos doces; un terceiro, a elaboración e venta de productos doces e salgados; un cuarto, a elaboración e venda de comidas para levar; e finalmente dous postos máis versátiles no que un deles terá que desenvolver actividades relacionadas ou ben coa reparación de calzado e fabricación de chaves, ou ben funcionar como kiosko ou como espazo para pedicura ou manicura. O outro posto versátil terá un uso non alimentario no que caben diferentes facetas de vendas polo miúdo como arranxos de roupa, venda de productos de artesanía,…
Os canóns de entrada para os postos varían en función do seu tamaño sendo o seu prezo dende 1.874 a 5.584 €. O canón de entrada supón a cesión do espazo por un período de 15 anos.
Os gastos mensuais oscilarán entre os 51 e os 154 € en función do espazo e inclúen os gastos comúns de mantemento do mercado como luz xeral, a climatización, a limpeza de espazos comúns, wifi e fío musical.
Para máis información os interesados poderán dirixirse a Oficina de Desenvolmento Local. Os plegos de contratación poden descargarse dende onte no Perfil do Contratante da web municipal. O prazo da convocatoria remata o vindeiro 15 de decembro.