O Concello de Tomiño ofreceu unha recepción aos xogadores da AD Tomiño e ao Tomiño Feminino para salientar o traballo realizado polo deporte base O equipo xuvenil quedou campión na liga e na Copa, ascendendo de categoría, e o infantil proclamáronse campións de liga e sub-campións de copa. O Fútbol 7 feminino fíxose co primeiro posto da Liga na súa categoría

Co fin de celebrar os últimos logros da AD Tomiño e, sobre todo, o traballo realizado polo deporte base durante toda a tempada, o Concello ofreceu esta semana unha recepción oficial aos equipos que forman a asociación (Infantís, Xuvenís, Fútbol 7 feminino, etc.).

Hai uns días a AD Tomiño, remataba as copas disputadas facéndose coa vitoria o equipo xuvenil e resultando sub-campión o equipo infantil. O Fútbol 7 feminino pola súa parte, fíxose co primeiro posto da liga na súa categoría. Nas redes sociais, a directiva amosaba a súa satisfacción do gran traballo feito durante a tempada.

A Concellería de Deportes, quixo tamén, dar os parabéns a todos e todas as integrantes da asociación, destacando a súa labor polo deporte de base.