O Concello de Tomiño organiza a I Semana da Educación coas ponencias de recoñecidos expertos na materia baixo o lema “aprender a educar parar paliar o fracaso escolar e persoal”.

A organización da Semana da Educación foi un dos acordos que se tomou no Consello Escolar Municipal no outubro pasado.

O Concello de Tomiño leva xestionado diferentes programas en educación de relevancia como o “é aprender”, actividades extraescolares gratuitas, investimentos nos centros educativos ou axudas ao material escolar.

O Concello de Tomiño foi premiado no ano 2014 por Unicef na categoría de “Buenas prácticas, derechos de la infancia y política municipal”.

O Concello de Tomiño celebra a vindeira semana as primeiras xornadas sobre a educación que teñen co fin reflexionar de forma conxunta sobre a educación. A I Semana da Educación que ten comezo o luns 15 de febreiro é froito da proposta da Alcaldesa, responsable da área de educación, ao Consello Escolar Municipal o pasado mes de outubro e que obtivo o respaldo dos membros alí reunidos. O Consello Escolar Municipal creado no curso 2014-2015 ten como fin facilitar o contacto directo coa comunidade educativa e acordar decisións por consenso que revertan na mellora da educación.
O Concello de Tomiño leva anos traballando a prol da educación investindo tanto nas melloras dos centros educativos como en proxectos que complementan e reforzan as necesidades escolares detectadas polo conxunto da comunidade educativa como teñen sido o programa “é aprender”, o apoio psicolóxico e mozos e mozas derivados do IES, actividades extraescolares gratuitas para todos os centros educativos ou axudas ao material escolar.
A labor feita polo Concello de Tomiño foi premiada no ano 2014 por Unicef na categoría de “Buenas prácticas, derechos de la infancia y política municipal” e que viu a consolidar o traballo feito en materia de educación. Un esforzo municipal que ademáis, curso a curso foi complementando coa organización de iniciativas culturais e de normalización nos centros escolares como visitas educativas ao Monte Tetón, o Ano Antonio Fernández, o Día do Libro, o Día das Letras ou os plenos infantís que ano a ano celebran o Día da Infancia.
O Concello de Tomiño consolida este traballo cunha xornadas de reflexión conxunta sobre a educación. A I Semana da Educación celebrarase do 15 ao 18 de febreiro no Auditorio de Goián, por onde pasarán expertos na materia procedentes de diferentes puntos da xeografía estatal.
As xornadas comezarán o luns 15 ás 19h00 coa ponencia de Joan Manuel del Pozo Álvarez, profesor de Filosofía Antiga e Éticas aplicadas da Universidade de Girona. É autor de diferentes ensaios centrados nos ámbitos da educación, das cidades educadoras, política e valores, cidadanía, patrimonio natural e cultural, valores e contravalores da “sociedade líquida”, … Ademáis ten un blog na rede onde se pode ampliar o traballo ensaistico que leva a cabo. En Tomiño falaranos do éxito e o fracaso educativo no contexto dun pobo educador.
O martes 16 de febreiro, estará Dolors Reig, psicóloga social e editora de “El Caparazón”, recoñecida psicóloga que o pasado ano recibiu o Premio iRedes. Ademáis, o seu blog teñen valido ser considerada polos lectores de “El Economista” unha das dez persoas máis influintes de internet en España. Tamén ten sido en varias ocasións finalista nos premios THE BOBS, un dos máis importantes galardóns para Blogs a nivel internacional.
A súa conferencia versará sobre aprender a aprender na sociedade de coñecemento, onde profundizará sobre os cambios cognitivos, sociais e en valores dos novos mozos e mozas conectadas, afondando nas mellores estratexias didácticas para aqueles e aquelas en risco de fracaso escolar.
O mércores 17 de febreiro, novamente ás 19h00, contaremos coa participación de Jorge Urrea Figueira, consultor, conferenciante e profesor asociado do IES Business School.É experto en desenvolvemento persoal e profesional, especializado en “insight management”, método propio de autoxestión e xestión de persoas, mestura de terapias humanistas, coaching, técnicas psico-corporales, marciais e de meditación.A súa ponencia ten por título “cambiemos a educación para cambiar o mundo: atención plena e guía interior”.
Para finalizar, as xornadas, o xoves David Bueno i Torrens farase cargo da conferencia “¿Éxito académico ou éxito persoal? Unha cuestión de motivación, benestar e calidade” que comezará ás 18h30. A continuación, o conferenciante impartirá un obradoiro de emocións, razoamento e sociabilidade.
As xornadas son gratuitas e contarán con servizo de gardería. É preciso inscribirse e se expedirá certificado de asistencia.O prazo de inscrición pecha o 15 de febreiro ás 13h00. Pode facerse a través do mail omix@concellotomino.com ou través da web www.concellotomino.com