O Concello de Tomiño participa no IV Congreso Internacional de Ciudades Amigas da Infancia O congreso celebrouse en CaixaForum Madrid

O Concello de Tomiño participa esta semana no IV Congreso Internacional de Ciudades Amigas da Infancia. Esta 4ª Edición celébrase baixo o título “Acción Local para la Agenda 2030”.

Esta cita aglutina en Madrid aos municipios interesados en incluir as axendas internacionais en materia de infancia nas súas politicas locais. Co devandito fin, este congreso convertese nun lugar de encontro para o análise global da situación de cambio e as súas implicacións na Axenda 2030, para estudar  propor ideas sobre o papel das cidades e os pobos como actores que garantan os dereitos da infancia, así como establecer uns requisitos mínimos das entidades participantes a implmentas nas súas entidades locales para a participación no Programa das Cidades Amigas da Infancia (CAI)

A participación do Concello de Tomiño neste congreso supón unha continuidade e consolidación da aposta do goberno local por seguir a traballar no ámbito da educación e da adaptación do municipio para garantir o benestar e a optimización dos dereitos da Infancia. A alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, asiste a este congreso en Madrid, acompañada do persoal técnico do ámbito de educación do concello. Resaltan o interese do Concello por ter presencia e participación activa neste tipo de iniciativas, e adiantan que proximamente Tomiño será candidata á denominación “Cidade Amiga da Infancia” e que isto conlevará, entre outras cousas, aumentar a presencia dos nenos e nenas na vida do municipio, promovendo a súa integración nos procesos de toma de decisións e xestión da politica local.