O Concello de Tomiño pon en marcha un sorteo para dar pulo ao comercio local  Os establecementos interesados en participar poden inscribirse ata o vindeiro domingo 1 de maio a través da Sede Electrónica

O Concello de Tomiño continúa dando pulo ao comercio local e fomentando o consumo de proximidade. Ao abeiro da campaña ‘Vive!’, acaba de poñer en marcha ‘Mercar no comercio de Tomiño ten premio’, un sorteo a través do que se repartirán 190 carriño para a compra Rolser entre veciños e veciñas que aposten por mercar no seu municipio.

O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles establecementos que queiran adherirse á iniciativa e premiar á súa clientela. Os comercios e servizos interesados poderán rexistrarse ata o domingo 1 de maio incluído a través da Sede Electrónica. Aquelas persoas que precisen axuda para darse de alta poden acudir a dependencias municipais ou solicitala a Adeto, entidade colaboradora.

Con esta e outras iniciativas da campaña ‘Vive!’, o Concello busca reactivar a actividade económica e social do municipio, devolvendo á veciñanza ás rúas e ofrecéndolle unha ampla programación coa que desfrutar do comercio e da hostalaría do seu municipio.

Máis información premendo aquí.