O Concello de Tomiño aproba as bases que rexerán a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social en réxime de interinidade O prazo de presentación de instancias será de 7 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia

O Concello de Tomiño ven de aprobar as bases que rexerán a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social en réxime de interinidade e a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais do nomeado posto.
O prazo para a presentación de instancias será de 7 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

En arquivos adxuntos, poden consultarse as bases e a documentación que hai que cubrir para presentarse ao proceso selectivo:

20190117_Resolución_DECRETO 2019-0034 [BASES TRABALLADORA SOCIAL TOMIÑO]

impresos TRABALLADORA SOCIAL TOMIÑO