
30 Xan O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases para a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social O prazo de presentación de solicitudes será do 31/01/2019 ao 08/02/2019. As bases completas e outra documentación relativa ao proceso de selección atópanse na sección de Emprego desta páxina web
O Concello de Tomiño ven de aprobar as bases que rexerán a convocatoria e o procedemento para a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social e da creación dunha bolsa de emprego municipal para as coberturas temporais do citado posto. Tanto as bases coma outros documentos relativos ao proceso de selección, atópanse a disposición dos interesados máis abaixo e tamén na sección de Emprego desta páxina web.
O prazo de presentación de instancias será sete (7) días hábiles a contar dende o día seguinte a aquel en que se produza a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, co que as solicitudes poderán presentarse entre o 31/01/2019 e o 08/02/2019.
an.bop.PONTEVEDRA.20190130.2019003751
20190128_correccion erros bases traballadora social(1)
20190117_Resolución_DECRETO 2019-0034 [BASES TRABALLADORA SOCIAL TOMIÑO]
impresos TRABALLADORA SOCIAL TOMIÑO