O Concello levará ao próximo pleno a ordenanza que regulará o servizo de préstamo de biotrituradoras Faise unha exposición pública para que as persoas que o desexen poidan achegar as súas suxestións

O Concello de Tomiño levará ao próximo pleno a ordenanza reguladora do servizo de préstamo de biotrituradoras a persoas particulares para a xestión da biomasa domiciliaria, como poden ser restos de poda, fomentando así unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal que permitirá eliminalos do circuíto de recollida do lixo, reducir o número de queimas e obter un produto de valor engadido.

Dende o Concello faise unha exposición pública desta ordenanza para que todas as persoas que o desexen poidan achegar as súas suxestións a través dun sinxelo formulario.

Ordenanza

Pode verse a ordenanza pormenorizada premendo aquí.

 

Pode daixarnos as súas suxestións no seguinte formulario.