O Concello ofrece compost para uso veciñal nos centros de O Seixo e Goián A Concellería de Medio Ambiente e Optimización de Servizos Públicos agradece a alta participación cidadá alcanzada

Como resultado da elevada participación da veciñanza na compostaxe comunitaria nos centros de O Seixo e Goián, o Concello ofrece novo compost dispoñible para uso veciñal.

As persoas interesadas en conseguir compost, para a súa utilización en plantas, horta ou outros usos, poden collelo directamente dos sacos que están nos centros de compostaxe, e que se irán repoñendo en función do uso.

Se alguén estivera interesado en obter algunha cantidade maior, ten que porse en contacto co Concello, a través da técnica de Medio Ambiente.

Dende a Concellería de Medio Ambiente e Optimización de Servizos Públicos, que dirixe María Xosé Vázquez, queren agradecer á veciñanza a súa participación e interese na compostaxe, “a forma máis simple,  natural e eficiente de reciclar os restos  orgánicos. Así beneficiámonos todos ao evitar o seu transporte e queima ou vertido”.