O Concello organiza a I Carreira de Nadal en colaboración co Club Atletismo Trega Será o día 23 de decembro, con saída na rúa Daniel Calzado e sete categorías

O Concello de Tomiño, en colaboración co Club Atletismo Trega organiza a I Carreira de Nadal Tomiño 2018, que terá lugar o día 23 de decembro próximo. A saída será a rúa Daniel Calzado para todas as categorías: Absoluto Masculino/Feminino 4.5 Km. (11.00h); Alevíns Masculino/Feminino 1.5 Km (11.30h); Infantís Masculino/Feminino 1.5 Km (11.30h); Cadetes Masculino/Feminino 1.5 Km (11.30h); Benxamíns Masculino/Feminino 600 metros (11.40h); Prebenxamíns Masculino/Feminino 250 metros (11.50h) e Pulgas Masculino/Feminino 100 metros (12.00h).

Ao remate da proba, haberá chocolate para todas as persoas participantes.

As inscricións son de balde; sendo posible enviar un correo electrónico a carreiranadaltomino@gmail.com, ou ben, facela o mesmo día da proba.