O Concello organiza un curso de ‘Caixeira/o – Repoñedora/or’ de 40 horas de duración As persoas interesadas poden anotarse dende hoxe e até o día 3 de decembro, enviando un correo electrónico

O Concello de Tomiño organiza, a través do Servizo de Orientación Laboral, un curso de “Caixeira/o – Repoñedora/or” de 40 horas de duración, 30 delas prácticas (non remuneradas).
A acción formativa, sen custe para os participantes e 15 prazas dispoñibles, comezará o día 10 de decembro próximo. O prazo para inscribirse comeza hoxe, 28 de novembro, e remata o 3 de decembro ás 13.00 horas. As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ( a ana.sanchez@tomino.gal, indicando no asunto do correo: CURSO DE CAIXEIRA/O – REPOÑEDORA/OR), no que consten os seus datos: nome a apelidos, DNI, enderezo completo (con localidade e provincia), teléfono, data de nacemento, nivel de estudos e enderezo electrónico.

A parte teórica desenvolverase os días 10 e 11 de decembro, de 9.30 a 14.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 11 de decembro en supermercados do Baixo Miño e (posiblemente) algún de Vigo.
O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, será a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Coma requisitos do mesmo, pídese que as persoas anotadas estean, preferentemente, empadroadas en Tomiño e en paro. Asemade, valorarase estar en posesión do Título da ESO, mais non é obrigatorio.