Curso para a formación de adultos co fin de preparar a proba do graduado na ESO Os interesados poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal a partir do día 28 de setembro e ata o día 6 de outubro

O Concello de Tomiño organiza un novo curso de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2 (mediante a proba de competencias clave) ou para preparar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Os requisitos para a inscrición no curso serán:

· Estar empadroado en Tomiño.

· Ter cumpridos os 16 anos.

Tamén se poderán admitir persoas de fora de Tomiño, se quedan prazas vacantes.

Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do mes de maio será necesario:

· Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo  durante curso 2017/2018.

· Ter cumpridos os 18 anos antes do día de realización da proba da ESO, que se prevé que será a finais de maio.

Os interesados, poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días: xoves 28 de setembro e ata o venres 6 de outubro de 2017, en horario de 8:00 a 14:00 horas, presentando o modelo de solicitude dispoñible no propio rexistro, xunto cunha fotocopia do DNI. Unha vez finalizado o prazo, seguiranse recollendo inscricións, por se quedaran prazas vacantes.

Durante o curso 2017/2018, que se prevé que dará comezo o día 16 de outubro, as clases terán lugar os luns, martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas no Centro de Formación “O Regatiño” en Goián (Av. Pío Troncoso,8).