O Concello pide a colaboración da cidadanía para solicitar cita previa a través da páxina web municipal No apartado de Sede Electrónica pode solicitarse unha cita a través dun sinxelo procedemento

O Concello pide a colaboración da cidadanía para solicitar cita previa para a realización de trámites, a través da páxina web municipal (www.tomino.gal), Concretamente, no apartado de Sede Electrónica, pode solicitarse unha cita a través dun sinxelo procedemento (https://tomino.sedelectronica.gal/citaprevia.1).

O Concello fai esta petición co fin de non saturar as líñas telefónicas das oficinas, que nestes días, tras o confinamento, atópanse colapsadas polo gran volume de chamadas. Neste sentido, agradece a paciencia e colaboración da veciñanza.