O Concello reforma a contorna do centro social de Pinzás A construción dunha rampla de formigón mellora a accesibilidade ao centro

Esta semana estanse a rematar as obras de mellora no Centro Social de Pinzás. A reforma abordou aspectos de humanización así como enterramento de tubeiras e cables.
As actuacións de mellora consistiron no soterramento das canalizacións de auga e do cableado de luz e teléfono e na construción dunha rampla de formigón para a mellora da accesibilidade ao centro. A intervención total abarcou un área de 280 m2.
O concello de Tomiño fixo un investimento de arredor de 12000 € cumprindo co compromiso e atendendo a reivindicacións da parroquia de Pinzás.