O Concello repara os desperfectos ocasionados polas inundacións na senda do Miño.

En breve comezarán as obras para a extensión do paseo ata a parroquia de Forcadela

As concellería de Vías e Obras e Medio Rural, remataron estes días a reparación da Senda do Miño que se estende entre o Espazo Fortaleza, de Goián, ata a Ponte Internacional da Amizade, cunha extensión de 1,2 quilómetros de lonxitude. As numerosas chuvias caídas nos últimos meses e o conseguinte incremento do nivel do río Miño, afectaron seriamente varias partes da senda, tanto en zonas dotadas de tarima, coma noutras de terra ou area.

Deste xeito, foi necesario reflotar e repoñer uns 60 metros de tarima de madeira, colocando bases novas.

Asemade, na Praia de Goián, producíronse desperfectos de consideración, polo que o goberno local está solicitando as autorizacións necesarias para proceder a realizar os arranxos necesarios.

Por outra banda, o Concello está a facer o estudo para o novo trama de senda até Forcadela.