O Concello vén de publicar as bases do “Circuíto Cultural 2022” co fin de promocionar as agrupacións musicais tradicionais do municipio O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do “Circuíto Cultural” 2022 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio.

Poderán solicitar a inclusión no Circuíto Cultural as seguintes agrupacións: bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereiteiras, murgas ou charangas e grupos de acordeóns. As Comisións de Festas e outras entidades organizadoras deberán poñerse en contacto coas agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural para contratalas e concretar a data da actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas partes.

As contías máximas dos distintos tipos de agrupación con sede social en Tomiño son as seguintes:

  • Banda de Música 400,00 €
  • Corais 200,00 €
  • Bandas de gaitas (con máis de 30 compoñentes) 300,00 €
  • Grupos de Gaitas 200,00 €
  • Treboadas 200,00 €
  • Pandereteiras 150,00 €
  • Murgas ou Charangas 150,00 €
  • Grupos de Acordeóns 150,00 €

O crédito orzamentario total comprende o gasto por importe de 14.000€.

As solicitudes presentaranse a través Sede Electrónica do Concello de Tomiño ata o 2 de decembro 2022, (será obrigatorio a presentación a través da sede electrónica para as asociacións. O modelo de solicitude está ubicado na seguinte URL: https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1),  e dende o día seguinte á publicación da convocatoria das presentes bases na páxina web https://www.tomino.gal e no Portal de Transparecia do Concello de Tomiño, na seguinte URL: 

https://tomino.sedelectronica.gal/transparency/9328420c-cb70-4a0c-939e-93f945339125/ , conforme ao Modelo (Anexo I) que acompaña a estas Bases.

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada. Toda aquela solicitude que sexa presentada fóra de prazo poderá ser desestimada.

BASES CIRCUITO CULTURAL 2022