O Consello Escolar Municipal de Tomiño, reúnese mañá, martes 8 de maio, ás 17.00h no Salón de Plenos. Coma é habitual, están convocados/as a esta xuntanza, representantes dos claustros de profesores de Educación Primaria e Secundaria, alumnado do IES, ANPAS, etc.

O Consello Escolar Municipal (CEM) de Tomiño, reunirase mañá, martes 8 de maio, ás 17.00h no Salón de Plenos.

Coma é habitual, están convocados/as a esta xuntanza, representantes dos claustros de profesores de Educación Primaria e Secundaria, alumnado do IES Antón Alonso Ríos, ANPAS; inspector de Educación, Carlos Antuña, alcaldesa de Tomiño, Sandra González, en calidade de presidenta do CEM; responsables municipais de Obras nos centros educativos, portavoces da oposición, representantes dos comerciantes, etc.

A orde do día pode consultarse na seguinte ligazón:

Convocatoria CEM 08.05.2018