O curso de formación de adultos para a obtención do graduado da ESO por libre comeza as súas clases o vindeiro día 20 de outubro.

O curso de formación de adultos para a obtención do graduado da ESO por libre comeza o seu curso lectivo o vindeiro 20 de outubro. Haberá dúas turnas, unha de mañán de 10h a 13h00 e outra de tarde de 19h a 22h. As clases serán na Escola Obradoiro de Goián os martes, mércores e xoves e máis de 50 veciños e veciñas de Tomiño de diferentes idades poderán beneficiarse de xeito gratuito.

O Concello de Tomiño inicia así a súa oitava edición dun curso para adultos que ten formado a máis de 300 veciños e veciñas. Na pasada convocatoria aprobaron 19 alumnos e alumnas dos 50 inscritos sendo Tomiño un dos Concellos coa taxa de aprobados máis alta da provincia.

As persoas beneficiadas deste curso son veciños e veciñas maiores de 18 anos e que non están matriculados oficialmente en ningún curso da ESO. A docencia está a cargo da traballadora municipal Lucía Souto.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “dende o Concello ofertamos altenativas formativas co fin de xerar expectativas de emprego entre os veciños e veciñas que non remataron os estudios obrigatorios”.