O DEPARTAMENTO DE BENESTAR SOCIAL PRESTOU SERVIZOS BÁSICOS DE EMERXENCIA ANTE A CRISE DO COVID-19 A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COLABOROU NA FINANCIACIÓN CUNHA CUANTÍA DE 20.320 EUROS

Ante a declaración do Estado de Alarma o ano pasado, o Concello de Tomiño quixo dar resposta ás situacións de grave emerxencia orixinadas pola crise sanitaria do Covid-19 a través de medidas tomadas desde o Departamento de Benestar Social, que priorizaron máis que nunca a atención ás persoas, de vital importancia nun contexto de emerxencia sanitaria e con repercusións socioeconómicas como o que aínda hoxe continuamos a vivir.

Para a prestación de servizos básicos de emerxencia a Deputación de Pontevedra colaborou, a través do Financiamento Extraordinario, cunha axuda destinada aos concellos de menos de 20.000 habitantes durante o ano 2020.

A cuantía da axuda percibida polo Concello de Tomiño foi de 20.320 euros, que foron destinados a sufragar actividades e servizos como:

– Necesidades de desinfección das dependencias municipais abertas ao público.
– Atención a persoas maiores que viven soas.
– Axudas de emerxencia para alimentos, farmacia, aluguer, transporte, internet, etc. unhas 90 familias no ano 2020.
– Reparto gratuíto de menús a persoas en situacións de especial vulnerabilidade ou ausencia de habilidades.