O Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño, reunirá na súa 11ª edición, a unha decena de grupos de música tradicional O evento, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, terá lugar na Casa da Cultura, o vindeiro sábado, a partir das cinco da tarde

O Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño chega a súa 11ª edición. Para celebralo, as asociacións O Árbore e Xanela reunirán, o vindeiro sábado 28 de abril, entre as 17.00 e 21.00 horas, unha decena de grupos de música tradicional; entre eles, Airiños Novos de Pinzás, Coro Orballo de Currás, Pandereteiras de Sobrada, Pandereteiras do Aloia, Grupo de Acordeóns de Forcadela, Grupo Folclórico Cacharela de Taborda e Coro Cantares de Tebra.

Organizarase ademais unha exposición de pintura.

Serafín Rodríguez Barreiro, presidente da Federación, explica que este décimo primeiro encontro ten coma obxectivo principal, que o traballo das diferentes asociacións e grupos se coñeza. “A nosa prioridade é tratar que os veciños se reúnan periodicamente para intercambiar puntos de vista e ver o traballo dos demais, e con iso, fomentar a boa convivencia entre todas as entidades”, comenta.

Programa: (Casa da Cultura de Tomiño – Sábado 28 de abril):

17:00h  Presentación

17:15h  Cantares de Tebra “Monte Tetón”

17:45h  Airiños novos de Pinzas

18:00h Coro “ Orballo de Currás”

18:20h  Acordeonistas de Tomiño

18:40h  Pandereteiras de sobrada

19:00h  Pandereteiras do Aloia

19:20h  Cacharela de Taborda

19:40h  Degustación viño local

Exposición de Pintura: dende as 17:00 ás 20:00 horas.