O escritor e poeta guardés Francisco Álvarez, Koki, presenta en Tomiño a súa nova obra “A memoria das palabras” A presentación será hoxe no mercado e contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o escritor e crítico Armando Requeixo, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal

O escritor e poeta guardés Francisco Álvarez, “Koki”, presenta esta tarde ás oito, no Mercado Municipal de Tomiño (1º andar) a súa nova obra: A memoria das palabras, “un cosmos poético no que o escritor une dous espazos e dous tempos”: o Nova York emigrante no que el mesmo ten vivido tantos anos e a memoria da súa Guarda natal.

A presentación contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

Actividade de balde, para persoas maiores de 12 anos.

Nado na Guarda en 1957, Francisco Álvarez reside en Nova York, cidade na que funda o colectivo Celso Emilio Ferreiro para amosar a cultura galega a través de distintas actividades. Autor de numerosos libros de poemas e prosa, define a A memoria das palabras, coma un traballo de poesía social e a el mesmo, coma a un “obreiro das palabras”. De maneira simultánea, vén de editar outras dúas obras, en Edicións Fervenza: “Un neno na emigración” e “Vasoiras Barreiro”, ambas as dúas, para público infantil.

 



X