O espazo En Familia propón esta semana novas pautas enfocadas a facilitar a autonomía e a autoconfianza de nenos e nenas no fogar. Esta semana seguimos presentando máis propostas novidosas de actividades para realizar En Familia

Entra a ver as actividades En Familia

Esta semana seguimos presentando máis propostas novidosas de actividades para realizar En Familia (https://tomino.gal/en-familia/), entre as que destacamos, pola súa relevancia no desenvolvemento dxs peques, diferentes trucos e orientacións a través das cales podemos crear situacións no fogar favorables para fomentar a autonomía, a autoconfianza e unha autoestima equilibrada, sempre desde a responsabilidade e o respecto aos seus ritmos e inquedanzas.

A autoestima dos nenos e nenas está moi vinculada coa relación que manteñen co contexto que xs rodea, especialmente no fogar, e inflúe na súa capacidade para afrontar novos retos, ser máis autosuficientes e segurxs de sí mesmxs. Desde o contexto familiar podemos adoptar certas estratexias que poidan axudarnos neste proceso, e aquí vos propoñemos algunhas.