O Espazo Fortaleza de Goián acolle este venres o XXV Encontro de Bandas de Música O evento retomarase despois de dous anos de pandemia que impediron a súa celebración, coa Agrupación Musical de Goián como anfitrioa e a Banda de Música de Caldas de Rei como convidada de honra

Despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia, o XXV Encontro de Bandas de Música terá lugar en Goián o próximo venres 29 de xullo ás 21.30h, no Espazo Fortaleza.

O evento enmárcase dentro do ciclo “Un verán de bandas” organizado polo Concello de Tomiño, e terá como anfitrioa á Agrupación Musical de Goián. Ao mesmo tempo, a Banda de Música de Caldas de Rei será a convidada de honra.

Todos os públicos poderán gozar, de balde, do encontro, nunha xornada chea de música e riqueza paisaxística e cultural.