O Exército do Aire realizará exercicios de busca e de salvamento o día 11 de novembro en Tomiño A zona elixida para as probas terrestres está nas proximidades das poboacións de Os Muros (Pinzás) e  Vilachán do Monte

O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, realizará en Tomiño o vindeiro xoves (11 de novembro), un exercicio de procura e salvamento aéreo chamado “MADRISAR-21” que constará, tanto dunha fase terrestre, como marítima.

Así o comunicou á alcaldesa de Tomiño o capitán Alejandro Álvarez destinado no mencionado centro coordinador de salvamento.

A zona elixida para o exercicio terrestre será nas proximidades das poboacións de Pinzás e de Vilachán do Monte, en horario de 9.00 a 14.30 ou 15.00h

No exercicio en fase terrestre, simularase un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaranse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Agárdase que participen 1 ou 2 avións e 4 helicópteros.

Este exercicio levarase a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil, Cruz Vermella, etc.