O Gran Camiño”, a recuperada Volta a Galicia, pasa por Tomiño esta mañá, con saída no Porriño e chegada en Vigo Un percorrido de 160 Km. que pasará por Tomiño entre as 12.37 e as 12.45 horas, continuando polo Baixo Miño, Val Miñor e Redondela

A recuperada Volta a Galicia “O Gran Camiño” comeza hoxe no Porriño (11.15h), pasando logo por 12 concellos da zona, entre eles, Tui (12.21h); Tomiño (entre as 12.37 e as 12.45 horas). Continuará por O Rosal (12.55h); A Guarda (12.59h); Oia (13.11h); Baiona (13.32h); Nigrán (13.47h) e Redondela (14.35h) antes de chegar a Vigo, completando así un percorrido total de 165 Km.

A proba é a primeira do seu tipo que se organiza desde que desaparecera o Xacobeo Galicia en 2010.