O Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño conta dende onte cun novo vehículo.

Tomiño, 21 de outubro de 2015.- O Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño recibiron na mañán de onte un novo vehículo, aumentando a tres os vehículos cos que conta o Corpo de Voluntarios para atender os operativos de emerxencias.
O Grupo de Protección Civil de Tomiño está formado por voluntarios e voluntarias que de xeito permanente atende operativos de emerxencias. No que vai de ano realizou máis de 390 saídas. As áreas que cubre van dende accidentes en estrada a incendios urbanos e forestais.
Actualmente, o corpo está formado por 35 voluntarios e voluntarias. Este novo vehículo virá a mellorar o servizo que dende este corpo municipal se presta aos veciños e veciñas do Concello.
O Concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, e o responsable do Grupo de Protección Civil, Francisco Bouzo recolleron esta mañán un Volkswagen Amarok. O acto de entrega tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) xa que forma parte da subvención da Dirección Xeral de Emerxencias da que se beneficiou o Concello de Tomiño.
O novo vehículo é un Volkswagen Amarok con tracción 4×4 e adicarase a intervencións rápidas. O parque móbil de Protección Civil, ademáis de con este novo vehículo, conta dende o ano 2011 cun coche bomba Mercedes Bull adicado a operativos de incencios e dende o 2013 cunha furgoneta de 9 prazas Ford Transit que fora financiada integramente por fondos municipais.
Ademáis, deste parque móbil de Protección Civil, o Concello de Tomiño conta para servizos de seguridade e emerxencias cun Citröen C4 Cactus destinado ao servizo do Corpo da Policía Local. Tanto o novo Amarok de Protección Civil como o Citröen C4 Cactus da Policia Local son froito dunha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia pola cal se cedeu en propiedade os vehículos ao Concello de Tomiño neste ano 2015.
O Concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González,destacou o traballo desinteresado dos membros do Grupo de Protección Civil. Segundo Álvarez “Protección Civil presta servizos de relevancia como poden ser accidentes ou incendios. O seu papel non é nada desdeñable xa que moitas veces son os primeiros en chegar a escenarios de emerxencias. Por ese motivo e dada a importancia do seu traballo, os seus membros están continuamente formándose en cursos de primeiros auxilios e perfeccionando os seus coñecementos en temas de emerxencias”.