
28 Nov O II Fórum do Río Miño Transfronteirizo celébrase este xoves en Tomiño para últimar a -Estratexia Río Miño 2030- As inscricións son de balde e tramítanse a través da web www.smartminho.eu
A importancia deste traballo reside tanto na súa concepción innovadora, posto que se trata por primeira vez dun estudo que abrangue ás dúas marxes do río, como por estar construída dende a base, a través de numerosos mecanismos de participación cidadá postos en marcha dende finais de 2017.
O Fórum comezará ás 10:30 horas, coa recepción dos e das participantes, e incluirá dúas mesas de traballo nas que os e as asistentes poderán coñecer de primeira man as conclusións do estudo realizado ata a data, así como contribuír con novas aportacións. O Fórum rematará ás 14:30 horas coa celebración dun brunch /networking con todos os e as participantes. As inscricións son de balde e tramítanse cubrindo un formulario na web www.smartminho.eu .
A Estratexia de Cooperación Intelixente do río Miño Transfronteirizo enmárcase dentro do proxecto Smart Minho a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (INTERREG V-A) e está cofinanciado ao 75 % por fondos FEDER, cun orzamento total de 942.022,47 euros.